Nun lugar chamado Guerra
Este libro reflicte a
historia dunha guerrilla interna onde un dos personaxes desaparece.O libro trata sobre un
señor chamado Néstor, un home bastante asustado e xornalista. Un día o seu xefe
manda a Néstor a Tuzbestán, que está entre Rusia e Afganistán,
polo menos o dí o libro. Alí conoce a un alemán do que se fai moi amigo, xa
que nunha ocasión cando Néstor quería conseguir un coche, a muller
que os presataba díxolle que non, só por ser xornalista; aí é
cando actúa o alemán, que fala con ela dicíndolle que el non o era, só para poder coller o coche. Durante a viaxe Néstor e o
Alemán estiveron xuntos e fixéronse amigos. Ao chegar ao hotel,
Néstor coñece ao seu intérprete; Milo.Un neno de once anos que
ten estas características: pequeniño, co pelo revolto e sempre leva
a mesma ropa, incluso rota e o principal é que sabe falar castelán.O pequeno Milo, leva en
moitas ocasións a Néstor a facerlles entrevistas aos “xefes de
guerra”, ou é o que lle fai pensar a Néstor, porque o único que
quere o neno é sacarlle diñeiro. En realidade os “xefes de
guerra” son familiares do neno. Un día, cando Milo estaba só na
casa, foi capturado.Yaruza, unha nena de 16 anos, delgada e moi alta,
que coidaba do seu primo, foi correndo a avisar a Néstor para que o
rescataran. Néstor consigue rescatalo dos rusos. Ao chegar ao hotel,
outra vez desaparece o neno e a causa é que vai loitar na guerra. Se
queredes saber máis sobre esta grande historia, recoméndovos que
leades este estupendo libro.
A min pareceume unha
historia estupenda, así que non teño máis que dicir que é un bo
libro e que merece a pena.
Jordi Sierra i Fabra
Sem comentários:
Enviar um comentário
Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.