Narra a historia dun comisario chamado Sindo Romero, xefe do departamento de investigacións especiais, pola súa habilidade para resolver casos con características complexas que outros non alcanzaban a ver. Vive tranquilamente en Arousa onde recentemente morre un familiar cercano, cando pon rumbo a Madrid tras recibir unha chamada na que lle contan que houbo un asasinato preto da Gran Via.Tratase dun home cun abrigo beixe, sen ningún tipo de documentación que aparece morto aos pes dunha libraría con especialidade en libros e documentos do Oriente Medio, e poucas cousa máis, cando pouco despois aparece outro morto, esta vez en Cambados, que ten no seu peto un recorte de periódico sospeitoso. ¿ Que relación poderá haber?.
Na miña opinión é un bo libro, entretido e vai na liña de outros como "A Praia dos Afogados", ainda que non capta tanto a imaxe de Galicia, e tampouco un mundo policial tan amplo.
Sem comentários:
Enviar um comentário
Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.