
Catro anos despois celebrouse a segunda Eurocopa e a súa sede foi España. A nosa selección chegou ata a final e ganoulle á URSS grazas a xogadores como Amancio, Luís Suárez, e Marcelino o cal marcou o gol da victoria. Despois foi pasando o tempo e as Eurocopas ata hai catro anos. Na Eurocopa do 2008 volvimos a chegar á final, esta vez contra Alemania. Un gol de Torres deunos a victoria e outra copa máis.
Este ano estase a celebrar en Polonia e Ucrania, onde España pode conseguir a súa terceira Eurocopa. A maioría dos xogadores son os que gañaron o mundial hai dous anos. Xa estamos en cuartos e de camiño a volver a conseguila! Que pensades vós? Podemos volver a gañala? Pois eu creo que si!
Sem comentários:
Enviar um comentário
Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.