non é un do monte senón o presentador do Xabarín Club.
Este animaliño foi creado por Miguelanxo Prado e a súa voz tan característica é de Juanillo Esteban, antigo alumno do noso centro. De seguro que moitos disfrubades deste programa, e ao mellor algúns fostes socios e tiñáis o Xabacarnet co cal recibíades unha felicitación especial polo teu aniversario ou participabades nos concursos.
O programa comezou o 18 de abril de 1994 e dende entón, case sen interrupcións leva emitíndose e conseguindo que montón de nenos, chegando nos inicios a 100.000 seguidores, disfrutasen. Neste programa desde os inicios destacou a súa música, como non en galego. Chegou a crearse Á cantar con Xabarín que deu pé a varias Xabaxiras. A súa música non faltaba por ningures, dende o inicio do programa xa empezabamos a cantar, e moitos grupos famosos realizaron cancións para este xabarín como Siniestro Total, Heredeiros da Crus, Os Diplomáticos de Monte Alto e moitos máis que conseguiron unha gran discografía para este clube.
Dende nenos disfrutamos con series tan coñecidas como Doraemon, BayBlade, Erase unha vez... o home, O Detective Conan, As bolas máxicas e moitas más que seguro coñecedes, vanvos soando non?
Todo esto ademais de coa intención de realizarse para o entretemento de cativos, realizouse para a normalización do galego a todo o público. Coa normalización pretendese levar unha lingua, como é o galego, no ámbito social, e é o que se realiza con este programa.
Eu espero que siga moitos anos máis, e se é posible que os meus fillos o cheguen a ver.
2012/06/16
O xabarín máis famoso de Galicia
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)

http://www.crtvg.es/crtvg/arquivo/juanillo-esteban-son-a-voz-do-xabarin#.T9xHQRd1Bv9
ResponderEliminardebes revisar os teus escritos... non pode ser... isa... debes escribir mellor xa!
ResponderEliminarboto en falta enlaces...nos grupos de música, nas series....
porfa, dálle unha voltiña á entrada ... que teño que poñer as notas finais e necesito a túa colaboración