2012/06/13

Os nenos salvaxes

Bos dias compañeiros! Aquí estou unha vez máis para falarvos sobre a película dos Nenos Salvaxes, esa da que dín que reflicte a realidade de hoxe día.

 Se buscamos o argumento non é moi longo, por iso o único que vos podo dicir é que conta a historia de tres adolescentes que viven excluídos da xente tanto na escola coma na casa e isto fai que se sintan mal xa que non poden expresar o que eles mesmos pensan.

 Como vos sentiriades vós se o que vos gusta facer ou adicar os superiores non volo permitiran?



 A min a verdade que pareceme un pouco esaxerado cando os pais dinlle os seus propios fillos que se teñen que adicar a algunhas cousas, cando eles mesmos non o puideron conseguir. Non por iso imos utilizar como excusa que non somos capaces de conseguir aquelas cousas simplemente por non querer facer as cousas.

Pese a todo o pesado que nos poidan parecer os nosos pais está claro que xeralmente teñen razón en case todo o que nos din! Sempre con ese don que se lles concede ( a verdade non sei moi ben cando) para adiviñar o noso futuro, atopar as cousas na casa cando nós xa pensamos que acabaron nun mundo paralelo, ese é o momento cando a túa nai che di: "Como vaia eu e o atopoe... cortoche o pescozo" Ou esas conversacións de " veña mamá deixame ir, non ves que deixan a todos? E ela che contesta... "Si, xa, todos... e despois coma sempre sodes tres pelagatos" ou "Dáme igual o que fagan os demais a miña filla es ti"

 Nada rapaces, xa sabedes que o que fan e din é polo noso ben! Non vos desexarei ánimo porque ao igual que son capaces de sacarnos de quicio nos momentos máis estresantes da nosa vida son os únicos capaces para axudarnos a superalos. Pais so temos uns!

Volvendo o tema da peli despois de esta "breve" introdución, a verdade que eu non tiven a sorte de vela pero vendo que ten tantos premios, de todo tipo (mellor actor/actriz, guión...) en certames como o de Málaga, debe de ser boa, e máis sabendo que son actores adolescentes coma nós. Foi estreada o mes pasado para todos os públicos, baixo a direción de Patricia Ferreira. Pertence o xénero dramático adolescente e o principal e que non pode faltar nesta, son os sentimentos e pensamentos dos propios protagonistas, sen olvidar que canto máis a ves sacas novas conclusións das que non atinaras a primeira vez.

 Se queredes saber algo mais  premede aquí ( video).

Por último deixovos por aquí o video da señora María, esa que fala sobre a vida no seu tempo e como eran os seus amorios e sensacións de estar embarazada "Como se tivese o corpo mareado" para que podades comparar e sacar as vosas conclusións e se queredes comentades.

2 comentários:

  1. - enlace a Patricia Ferreira
    - hai videos onde fala da película...redondea

    ResponderEliminar
  2. mellora a presentación do cideo da señora María

    ResponderEliminar

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.