2012/06/15

Polémica no mundo do fútbol

Hai xa case máis dun mes en Madrid xogouse a final da Copa do Rei, lembrádevos non si?
Neses días, como xa sabedes houbo moita polémica polos comentarios de Esperanza Aguirre e a posterior pitada o himno.
Pero a que non sabedes que eses días no congreso Siaeiros Galegos, Esait per Catalunya e o colectivo vasco intentaban revocar a a lei instaurada por Aznar, que prohibía a participación das seleccións autónomas en competiciones internacionais .
Pois ben, estes colectivos conseguírono e a partir de 2013 poderán participar en competicións internacionais sempre que non participe España e os xogadores poderán elexir se ir coa española ou coa súa selección autónoma sen supoñerlles unha sanción.
Vós credes que que a selección galega podería participar e facer algo ante seleccións como Alemaña?
Este problema tamén afecta a outro deportes pero nós (os galegos) temos unha pequena diferenza cos cataláns e vascos, que é que o noso presidente (Feijoo) non quere apoiar a selección autónoma. As súas razóns son que a única nación é España e que a selección galega é unha imposición.
Por iso, optou pola eliminación da seleccións galegas en tódolos deportes, como por exemplo as de remo, nas que somos os claros denominadores a nivel nacional e internacional.
Estades a favor de Feijoo? Credes que non debemos ter selección galega? A resposta témola nós porque a selección galega forma parte de Galiza e non é unha imposición.

Sem comentários:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.