2012/06/19

Rally de Narón, rally de polémica.



O Rally "Cidade de Narón 2012" na súa vixésima quinta edición concluíu con vitoria de Luís Vilariño aos mandos do  seu Mittsubishi Lancer Evo X, moito máis eficiente en auga que o Porsche 911 GT3 de Ivan Ares que aguantou o líderato durante unha parte do Rally, pero non puido facer nada para aguantar o ataque de Vilariño.


 A xornada comezara co liderado de Pedro Burgo (Ford Focus WRC), que se retirou no quinto tramo a causa dunha saída de pista. A continuación, fíxose co mando da carreira Iván Ares (Porsche 911 GT3), e finalmente logrou o liderado de forma definitiva Luís Vilariño (Mittsubishi Lancer Evo X).
Luís Vilariño, piloto da Escuadra Lalín-Deza, co seu Mitsubishi Lancer Evo X, mantívose ben situado pola mañá e marcou o mellor tempo en cinco dos seis tramos da tarde. Chegou ao último treito con case 45 segundos de vantaxe sobre Iván Ares, e 51 sobre Alberto Meira (Mitsubishi Lancer Evo X), e evitou riscos levantando o pé. Ao final, venceu na proba puntuable para o Galego con 44 segundos de marxe sobre Ares, vixente campión galego, e 48 sobre Meira.



A Polémica:

Foi unha xornada marcada pola choiva, a elección de pneumáticos e tamén con algunha polémica entre os pilotos, desconfiando das bridas do turbo do coche de Vilariño polo súa espectacular remontada; con todo comprobouse que estaban correctas ao finalizar o Rally. Vilariño lanzou o seu ataque definitivo pola tarde, marcando scratch nos cinco primeiros tramos e asegurou no último. Fíxose co liderado no tradicional tramo de Ferreira, ao que chegou con tres segundos de vantaxe respecto de Ares e do que saíu con 1,9 ao seu favor.




Sem comentários:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.