2011/10/27

Cartas De Amor




O libro que lín foí Cartas de Amor de Fran Alonso, poeta e narrador, o cal actualmente é Subdirector para a Edición Xeral en Edicións Xerais de Galicia.

Todos pensaredes ''A que adiviño? É un libro que fala do amor.'' Pois non exactamente! Son historias sobre diversos temas como o da inmigración, nas que se fala tanto da morriña pola terra como, a necesidade de emigrar debido a unha mellor estabilidade económica; a discriminación, por ser de outro país diferente ou por tendencias sexuais diferentes; das guerras, como as que estan a suceder en Irak e as do Sáhara e das dificultades de diversas persoas debido o seu estado social. Pero todas estas historias gardan unha relación, son contadas por mulleres, mulleres que estan a pasar por isto, as cales sempre quedaron en segundo lugar na sociedade.

Este libro sorprendeume, non é un libro o que estamos habituados a ler. Está tan ben redactado polo autor que sentes que as historias son reais, e aínda que non o sexan no libro, estiveron e estan sucedendo a persoas reais historias coma istas.

Recomendovolo!

2 comentários:

  1. Anónimo31.10.11

    Héctor:
    Se te acordas, cando estábamos a pasar a clase de tegnoloxía, pregunteite se de veras era un libro de amor. E es que o titulo engana moitisimo.
    Tal e como o describes, me pon na situación que nos encontráramos cando fomos a o museo de arte contemporaneo :)

    ResponderEliminar
  2. deixoche este enlace por se che dá algunha idea máis. http://revoltadafreixa.blogspot.com/2008/12/domingo-villar-ollos-de-auga.html

    ResponderEliminar

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.