2011/10/31

Samaín -CEMITERIO DE MONDARIZ





Xa hai 27 anos, de vacacións en Pontevedra, catro amigos que recorremos a cidade e as pequenas vilas dos arredores. Así chegamos a Mondaríz, de noite e hospedados no único hotel , nas inmediacións dun bosque que, polo pouco que se vía, non era pequeno.

Xoán, compañeiro meu, quería saír dar unha volta pero os demais non queriamos por medo.


Era a unha da madrugada cando Xoán volveunos a formular a pregunta, pero desta vez cambiamos de opinión e nos adentrámos naquel bosque. Despois de case media hora camiñando chegamos a un cemiterio.


Entramos e vimos lápidas e tumbas semiabiertas, semellaba estar abandonado, o saír vimos un señor e díxonos que nos escondésemos, que se non o facíamos, morreriamos, comezámonos a rir del mentras se perdía na escuridade, despois, escoitamos uns murmurios, prestamos atención, vimos un resplandor e escoitamos uns pasos de persoas. Asustamosnos.

Voltamos o cemiterio para escondernos, cerca de nos pasou un grupo de xente, logo aloxáronse. Sentimos todos un olor a podre e queimado.
Cando xa non escoitamos nada saímos e vimos uns surcos marcados no chan e se dirixían na dirección onde se escondera o señor que se fora correndo.

Saimos do bosque, as catro da madrugada e dirixímonos ó hotel.
Había un anciá, nada máis vernos puxóusenos a berrar pedindo explicacións do porque marcharamos. Contámoslle o sucedido e el comezou a rezar. Díxonos que estábamos vivos de milagre. Pedímoslle explicacións, trátase dunha vella lenda das terras do norte de España, pola noite poucos son os valentes que se adentaran nas profundidades dos bosques galegos e menos na lúa chea, podes atoparte a morte e vagar como alma en pena, ca Santa Compaña, se te ve, entrégante un óso acendido, a modo de antorcha e úneste a ela para vagar durante o resto da eternidade, non se pode mirar, e se te atreves a facelo deberás debuxar un círculo no chan e permanecer dentro ata que pase de longo, se non te atreves a mirar escóndete e reza moito para que non te vexan. Ese cemiterio estaba aí soamente para os que falecían vítimas pola Santa Compaña, din estar malditos e por iso está tan escondido e apartado da vila.

¿E os pasos que escoitamos? Poden ser dúas cousas, os da Santa Compaña e as ánimas que pasaron cerca de nós, ou que as almas dos defuntos corrían huíndo dela. Non sabemos o que sucedeu esa noite, pero nunca soubemos nada daquel señor que desapareceu huíndo entre a escuridade daquel bosque maldito…
Aquí déixovos unha pequena introdución de como se celebra esta festa nos Estados Unidos.






6 comentários:

  1. Anónimo1.11.11

    'osó' con tilde referido ao órgano do corpo. Se che ocurreou a historia a ti? Diría de cambia o título a samaín xa que a historia e galega.

    Isa :)

    ResponderEliminar
  2. Anónimo1.11.11

    Vale moitas grazas supoño que terei moitos fallos máis! :)
    Non, busquei lendas galegas e encontrei está entre moitas outras e tiven que traducila e resumila!
    O do título xa o pensei pero non me decidía!

    Miriam

    ResponderEliminar
  3. leo máis tarde.... paciencia!

    ResponderEliminar
  4. mirar na entradiña: refundición do teu texto> menos parágrafos, sintetizar, ritmo áxil.... pensa en como o contarías oralmente, escribir coma quen come pan: isto díxoo Cunqueiro: naturalidade

    ResponderEliminar
  5. quedamos nun recreo e falamos
    mira isto: http://moitoquesaber.blogspot.com/2011/10/nunca-espertes-nunha-noite-de-samain.html. Fíxoo Yanka

    ResponderEliminar
  6. Anónimo3.11.11

    Paréceme unha forma moi orixinal de escribir.

    Miriam

    ResponderEliminar

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.