
O novo smartphone, lévanos un paso máis alá no mundo da telefonía. Entre o destacable encóntrase o novo procesador de dobre núcleo, que lle achega moita máis potencia ao aparato e ata 7 veces máis procesamento en canto ao tema dos xogos. Tamén cabe a destacar, a nova cámara de 8 mpx, con gravación en Full HD, recoñecemento facial, estabilizador, e a mellora de captar ata un 73% máis de luz entre outras calidades.
O teléfono traerá incorporado o novo sistema iOS 5, que incorpora máis de 200 novas funcións con respecto ao seu predecesor o iOS 4, algúns exemplos son, as integracións con redes sociais, como twitter, que agora son moito mais abertas, e sobre todo o novo software Siri.
Siri é a aplicación de control por voz máis avanzada do momento, o teléfono responderanos a preguntas tan cotiás e útiles como, ' ' hoxe necesitarei un abrigo? ' ' . Tamén sobre bolsa, cambiar o espertador, como esta o tempo en xeral, ditar mensaxes de texto ou buscar información en internet, o malo é que por agora só esta dispoñible en inglés, francés e alemán, pero pronto poderemos gozalo en español.
Quizais simplemente sexa unha actualización do iPhone 4 GR, pero os amiguitos da empresa da mazá, teñen un ás na manga que sacaron a relucir, e é, o prezo. O novo iPhone custará 199 dólares para a versión de 16 GB, 299 dólares para a de 32GB e 399 dólares para a versión de 64 GB cun contrato de permanencia de 24 meses, ademais haberá unha versión de 8 GB para o iPhone 4 por 99 dólares e o iPhone 3GS pasa a estar dispoñible gratis co mesmo tipo de contrato de 24 meses.
Como conclusión, o iPhone 4 S é un gran teléfono, pero que non é máis que a mellora do anterior. Apple podería ter presentado o iphone 5? Seguramente se, pero non sería máis que facerse competencia a si mesmo. Mentres as outras grandes marcas (xeneralizando un pouco), ao ter o SUDOESTE Android, teñen que compertir mellorando aspectos de hardware, Apple vai por libre tendo o seu propio mercado de harware e software, e a verdade é que non lles vai nada mal, a ver se non se nota tanto como dicían a perda de Jobs e seguen estando á altura.
Busca a túa propia expresión
ResponderEliminarSegue as pautas marcadas, le entradas e comentarios dos demais....
esquematiza
organiza en parágrafos
redacta
e ponte xa! que o tempo pasa.
O texto conten unha boa información pero necesita videos ou ligazóns interesantes para atraer ao lector.
ResponderEliminarDamián
URXENTE REVISIÓN
ResponderEliminar