2011/10/25

                                                                  O PRESTIGE
   O Prestige era o nome dun barco liberiano, que transportaba 70000 toneladas de fuel.
   O 13 de novembro de 2002 tronzou frente a costa de Muxía, empezando así unha traxedia medioambiental dificil de olvidar para todas as persoas que puderan observar as praias tinxidas de negro.
 
   
   Mentras que as noticias na radio e na tele, decían que o barco no desprendía fuel e que o pouco que desprendía ía limparse, grazas a unhas barreiras especiais que xa estaban listas para operar. Os mariñeiros e percebeiros de Muxía levábanse as mans á cabeza vendo como saltaba o chapapote (nome co que se coñecía na vila ó fuel) nas pedras da Barca, unha das zonas máis ricas de Galiza en percebe.
   Lembro o Coído, cheo de xente intentando recoller as ``galletas´´ de chapapote, xente que veu de todas as partes do mundo a solidarizarse cos galegos e a axudarlle nunha tarefa que nun principio parecía interminable, tamén lembro a presenza na praza de cámaras de televisión, radio e prensa. Nunca olvidarei a imaxe que ofrecían  os VOLUNTARIOS cos seus buzos brancos e a súa mascarilla traballando afanosamente e sen descanso.
 



 A pesar desta catástrofe, xa que impedía pescar, mariscar, non saber cando se volvería a poder traballar, tendo en conta que Muxía é un pobo esencialmente mariñeiro, a pesar disto podemos decir que houbo algo positivo coñecer xente de diferentes culturas de tódalas idades que se volcaron na axuda da limpeza das costas. Para rematar decir que a estas alturas seguen pasando petroleiros perto das nosas costas, co perigo de que volva a repetirse outro accidente medioambiental, por iso decimos NUNCA MÁIS!   http://www.youtube.com/watch?v=cXraX10n7bc&feature=related

4 comentários:

  1. lembra o que che comentei na aula
    a traballar...
    e facer algo serio

    ResponderEliminar
  2. lembra videos con enlaces

    ResponderEliminar
  3. Anónimo27.10.11

    o titulo ten que está ben colocado

    ResponderEliminar

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.