2011/10/03

A MIÑA PRIMEIRA VIAXE

                                                                                  
Se mal non recordo a primeira viaxe que fixen foi  a Gran Canaria cando tiña 4 anos. Estaba moi entusiasmada xa que era a primeira vez que montaba en avión. Cando chegamos ao aeroporto, todo o que vía alí sorprendíame, sobretodo, ver aos avións despegar. Xa a punto de comezar a viaxe ata as illas, metín a man dentro do meu  macuto para coller algúns xoguetes e non aburrirme durante o voo. Todo foi de maravilla, pero cando chegou o momento da aterraxe asusteime, xa que non contaba con semellante alboroto. 

Cando chegamos as illas a estancia saíunos barata, e non porque foramos a unha pousada ou unha fonda, senón porque aloxáramonos na casa do meu tío. Ao día seguinte de chegar  puxemos en marcha  o noso itinerario, e aproveitando o bó tempo e os 42ºC, o único que se podía facer para estar a gusto era ir a praia. Na nosa estancia alí fixemos un cruceiro por tódalas illas, pero só durou unha tarde. O barco era  moi grande, e na sala de convencións collían trescentas persoas! Cando arribamos fomos ata un aluguer de bicicletas para ir ata a casa en bici e así de paso faciamos algo de exercicio, que nunca vai mal. Entre a calor que tiñamos e que fóramos ata casa pedaleando, parecía que viñamos de tirarnos a un río.
 
Despois de dez días de vacacións en Gran Canaria tiñamos que regresar a casa.
O avión aterrou en Santiago de Compostela e fomos ata a Coruña en tren. O noso vagón era o terceiro empezando a contar pola locomotora. A viaxe duraría 45 minutos se non fora porque houbo un accidente ferroviario.  Chegamos unha hora máis tarde do previsto, pero o importante foi que na nosa estancia nas illas o pasamos moi ben.

3 comentários:

  1. Anónimo3.10.11

    Encántame! Sobre todo sabendo que é unha historia real :)
    Miriam

    ResponderEliminar
  2. Anónimo3.10.11

    Grazas Miriam :)

    ResponderEliminar
  3. estrutura en parágrafos XA
    repasa os comentarios publicados na etiqueta TEXTO para organizar este.

    ResponderEliminar

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.