Bos días, vouvos falar da viaxe que fixen nas miñas vacacións. O meu destino era Las Palmas de Gran Canaria, precioso lugar, teño que engadir.
Primeiro fun en avion, dende Santiago ata Madrid, preguntáronnos a min e a miña nai que foi a que me acompañou se queriamos ir en clase preferente ou en clase turista, aínda que os prezos eran moi diferentes fumos na clase preferente porque unha vez é unha vez. Chegamos a Madrid, e, a que non sabedes o que me pasou?...Perdéronme a miña bagaxe e claro sen ela eu non podo viaxar polo que puxemos unha queixa e dixéronnos que á mañá seguinte estaría ahí. Buscáronnos un hotel ou algo polo estilo e encontraron unha fonda que é o que máis cerca nos quedaba do aeroporto para hospedarnos esa noite. Á mañá seguinte fumos ao aeroporo e collín a miña bagaxe e fumos correndo a coller o ave para viaxar ata Málaga e de alí coller un barco para levarnos ao noso destino, si a verdade é que a viaxe foi moi cansa. O primerio que vimos ao chegar á vía férrea foi un aluguer de bicicletas, que xa me dirás ti que fai un aluguer de bicicletas nunha vía férrea. Metimonos no cercanías e alí fomos rumbo a Málaga. Ao chegar alí fumos ao peirao pra coller o barco e irnos para Canarias. Moi cerca do peirao había un rompeiro precioso e bastantes aduanas, tamén moi bonitas. Collimos o barco e nos fumos por fin a Las Palmas de Gran Canaria.
Gústame moito aínda que éu persoalmente cambiaría a forma de poñer:
ResponderEliminarmoitas aduanas tamén moi bonitas
(non cres que se repite demasiado o término moito?podes utilizar bastante, por exemplo)
Miriam