2011/10/18

Sofía Pérez Eguia y Casanova de Lutoslawski

Sofía Casanova, nada en Almeiras ( Culleredo) en Setembro do 1862 e finada en Poznan (Polonia ) no 1958.
Poeta, novelista e xornalista galega. A súa vida é case descoñecida, sábese que tivo un marido polaco e algún que outro centro no que estudou.Trasládase xunto ca súa familia a Madrid para poder estudar e formarse.Con 15/16 anos frecuentaba nalgunhas reunións españolas, é nesa época cando coñece Vicente Lutoslaswki, co paso do tempo converteríase no seu marido e iran a vivir a Polonia pero os veráns os seguen pasando en Galicia.Debido a cantidade de viaxes que fai chega a dominar 8 linguas.
Vive o acontecemento da loita das sufraxistas en Inglaterra, as dúas guerras (Primeira e Segunda Guerra Mundial ), entre outros. Colaborou en xornais como ABC,La Época, El Mundo; na revista Galicia, noutras publicacións galegas e en prensa internacional como The New York Times. Escribiu crónicas e opinou sobre os acontecementos da historia europea do século XX, para poder gañar cartos e axudar a súa familia.Cando naceu a Real Academia Galega no 1906, tiña traballo e recoñecemento a nivel mundial,foi nomeada membro correspondente e no 1952 concedéuselle o título de académica de honra.

É rechazada polo seu marido e a familia deste, porque só tivo fillas e por este motivo a descendencia do matrimonio non garante a seguir co apelido paterno. No ano 1917, traballa como cronista de guerra, como enfermeira para a Cruz Vermella; volta a Galiza arruinada e case cega, a partir deste momento ocuparase dela unha muller de Almeiras. En 1938 visita A Coruña onde comeza a etapa máis dura da súa vida.Morre na vila de Poznan, (Polonia) o 16 de xaneiro de 1958.
Escribe unha larga colección de obras na que destacan títulos como:-La mujer española en el extranjero (Madrid, 1910)-Impresiones de una mujer en el frente oriental de la guerra europea (Madrid, 1919)-Diario de un testigo (Madrid, 1920)Está caracterizada por ser unha muller loitadora.


3 comentários:

  1. -primeiro paso feito
    -subliñar distinguindo ideas principais e secundarias
    -elaborar esquema dinámico
    -pensar en diferentes combinacións
    -elexir unha e redactar : 4 parágrafos
    -buscar unha intención divulgativa : vende ben a información, visualiza o auditorio. CHÉGALLES.

    ResponderEliminar
  2. - reducir
    - integrar ben as ideas principais e secundarias.
    - eliminar lista de obras, informarse sobre elas e contar algo de dúas, por exemplo, integradas nun parágrafo.
    en cada parágrafo: un enlace, o máis axeitado

    ResponderEliminar
  3. BÓTALLE UNHA OLLADA A ISTO:
    http://www.disquecool.com/2011/11/25/recomponendo-a-sofia-casanova/?utm_source=rss&utm_medium=rss&utm_campaign=recomponendo-a-sofia-casanova&utm_source=twitterfeed&utm_medium=twitter

    ResponderEliminar

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.