2011/11/07

Centón- No conxeado frío

Este clima
fíxome chorar
esquivouse o verán.

A auga do mar
reduciuse ao chorar.

O Sol era un paxaro triste
que se pousaba no balcón.

As estrelas
están alí no ceo.
Colgadas polo frío vento.

Senteime a fumar no balcón,
mentres pensaba en tí, corazón.

As pombas menxaseiras
xa non levan as cartas
que che escribo sen faltas.

Se ti non estás
o tempo vai cara atrás.

Soidade           Frío     Noite
Recordos      Lentitude

Vótame unha man
se non queres
que me de un tantarantán.

O meu barco vaise hundir
e eu so quero fuxir.

Manuel Antonio


8 comentários:

  1. Anónimo8.11.11

    Unha cousa na que me fixei....
    O parrafo 8 non tería que estar mas separadas as palabras para dar a coñecer a estructura do poema?Podo estar equivocando pero Pepa na clase leu un poema e fixo paradas entre eles polos espazos.
    Por eso ao leelo me sonou raro :P
    Héctor

    ResponderEliminar
  2. Anónimo8.11.11

    Si, tes toda a razón o que pasa que o estou editando todo o rato separándoas pero apareceme así.

    Miriam

    ResponderEliminar
  3. Anónimo8.11.11

    Por fin conseguino!

    Miriam

    ResponderEliminar
  4. Anónimo9.11.11

    Alegrome de que o conseguiras.
    Por certo, encantame este poema. :)

    Héctor

    ResponderEliminar
  5. Anónimo9.11.11

    Hahahaha :)
    Moitas grazas!

    Miriam

    ResponderEliminar
  6. Anónimo18.11.11

    Encantame Miriam de verdade. Lino varias veces e estou por roubarcho xD A poetisa que vive en ti esta moi escondida, ou é a miña imaxinación?
    Segue a escribir estas preciosidades porfavor.
    att: Marta.

    ResponderEliminar
  7. Anónimo19.11.11

    Moitisimas grazas Marta de verdade, non sabes canto me gusta ler este tipo de comentarios!
    Xa creo que che gustou porque roubáchesme algún que outro verso verdade? ;)

    Miriam

    ResponderEliminar
  8. Anónimo22.11.11

    Sí dechesme o titulo perfecto :D
    att: Marta

    ResponderEliminar

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.