2011/11/24

A foto máis cara do mundo




Sabemos que o prezo de certos cadros é realmente elevado,pero ¿estarías disposto a pagar 4,3 millóns de euros por unha foto?, porque iso foi o que costou a última imaxe de Andreas Gursky, un gran talento da escola de Düseldorf. A imaxe, na que se ve o xermánico río Rhin conseguiu desbancar a foto de Cindy Sherman, que valía 3,2 millóns.
As fotos de Andreas Gursky  son abstractas e nalgunhas aparecen elementos que se repiten constantemente, ten un interés especial por mostrar a realidade do mundo no que vivimos.
Cindy Sherman sole fotografiarse a si mesma para poñer de manifesto papeis femininos e marcando que cada sexo ten uns roles definidos, mostrando así o papel social da muller e a maneira na que esta se ve a si mesma.
Estes son so dous exemplos de grandes fotógrafos, pero hai moitos máis e con fotos moi variadas e de centos de prezos diferentes.

3 comentários:

  1. ben escrito, jessica, e dan ganas de seguir mirando fotos....

    ResponderEliminar
  2. Anónimo26.11.11

    Unha boa entradiña! A min as ligazóns non me vaín ven.

    Isa :)

    ResponderEliminar
  3. Anónimo2.12.11

    Xa intentei arreglar as ligazóns.
    Grazas.


    Jessica

    ResponderEliminar

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.