
Sabemos que o prezo de certos cadros é realmente elevado,pero ¿estarías disposto a pagar 4,3 millóns de euros por unha foto?, porque iso foi o que costou a última imaxe de Andreas Gursky, un gran talento da escola de Düseldorf. A imaxe, na que se ve o xermánico río Rhin conseguiu desbancar a foto de Cindy Sherman, que valía 3,2 millóns.
As fotos de
Andreas Gursky son abstractas e nalgunhas aparecen elementos que se repiten constantemente, ten un interés especial por mostrar a realidade do mundo no que vivimos.
Cindy Sherman sole fotografiarse a si mesma para poñer de manifesto papeis femininos e marcando que cada sexo ten uns roles definidos, mostrando así o papel social da muller e a maneira na que esta se ve a si mesma.
Estes son so dous exemplos de grandes fotógrafos, pero hai moitos máis e con fotos moi variadas e de centos de prezos diferentes.
ben escrito, jessica, e dan ganas de seguir mirando fotos....
ResponderEliminarUnha boa entradiña! A min as ligazóns non me vaín ven.
ResponderEliminarIsa :)
Xa intentei arreglar as ligazóns.
ResponderEliminarGrazas.
Jessica