2011/11/01

Ollos de auga.


Domingo Villar
Vigo

Ollos de auga é un titulazo. Pensaba que era un libro de amor. Que me ía a contar a historia mais triste escrita para facerme chorar. 
Empece a lelo como cando pechas os ollos diante da túa fiestra para sentir o vento. Para poder mergullarche nas paxinas e notar cada palabra. 
Deime conta que non valía a pena mergullarme por esa razón, senón que me tenia que introducir na historia coma se fose un personaxe mais. 
E iso foi o que fixen. Rin cos vaciles que atopei en cada capitulo. Na tolemia dun detective de Zaragoza que non para de pasar da liña e darlle a vara ao seu xefe. 
Leo Caldas (o xefe) non é un detective corrente. Ten unha emisora (patrulla nas ondas) pola cal toda a xente coñéceo. A súa fama fai que o seu traballo sexa mais fácil.




Houbo un asasinato e os nosos detectives da cidade de Vigo van ter que atopar o culpable. Trátase de Lois Reigosa. Un músico de jazz que toca en calquera sitio onde o chamen. Os indicios desa morte din que foi unha morte pasional.


Nesa busqueda van ter que tratar con xente de todo tipo. Desde millonarios, camareiros, produtores,... 
O cal dinos que o culpable dun crime, pode ser calquera persoa que teñamos á beira sen importar o seu aspecto e o seu peto.




Este libro é totalmente recomendable para calquera persoa que queira pasar un bo intre e encántelle o misterio con finais inesperados.

6 comentários:

  1. Anónimo1.11.11

    Hector, na miña opinion tes un erro moi grave! Estasme a contar a historia completa, en vez de animarme a ler o libro por mi mesma.

    Isa :)

    ResponderEliminar
  2. Estou completamente de acordo. Reducir a 4 parágrafos, eliminar argumento e suxerir para que entren ganas de ler a entrada e o libro

    ResponderEliminar
  3. le as orientacións: preme na columna dereita "proxecto lectura" e segue as instruccións

    ResponderEliminar
  4. Anónimo1.11.11

    Penso o mesmo, paréceme moi extenso todo en xeral, de feito non me apetece ler a entrada!

    Miriam

    ResponderEliminar
  5. que pasou coa entradiña?
    refaina

    ResponderEliminar
  6. bota un ollo a este enlace:
    http://revoltadafreixa.blogspot.com/2008/12/domingo-villar-ollos-de-auga.html

    ResponderEliminar

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.