2011/12/14

LOCKOUT



Dende o verán toda a prensa deportiva ven falando do lockout da NBA. ¿pero que é o lockout?

O Lockout non é nin máis nin menos que o peche patronal, é dicir, representantes dos xogadores e dos clubs non se puxeron de acordo na negociación de condicións, e, se non hai acordo, na NBA bótariase o peche ata que o haxa, sen prórrogas nin nada polo estilo.

Isto sucedeu porque na NBA cada equipo ten unha cota de diñeiro para facer o seu equipo, e, cando se pasa, ten que pagar un "imposto de luxo", que é un extra ademais do soldo do xogador, ademais, os xogadores, dependendo dos anos que leven na liga cobran un rango de salario entre un máximo e un mínimo establecido e, se é o seu primeiro ano, dependende da posición que o escolleran no draft.
 Ademais disto, como vos podedes imaxinar, os clubs teñen que pagar todos os gastos asociados ao equipo, como son o pavillón, a seguridade, viaxes, estanzas, e un longo etcétera.
Pois ben, o problema principal radica en que a maioría das franquícias da NBA están a perder diñeiro co sistema actual, e claro, iso non lles gusta aos seus donos; e basicamente non se poñen de acordo porque os donos cren que o que teñen que recortar é o salario dos xogadores, e estes, con Derek Fisher (base dos lakers) a cabeza non tragan. Segundo calcularon os donos, agora mesmo se lles vai un 57% do total do presuposto do equipo en salarios, e queren baixalo ata o 45%, o cal sería unha baixada nun só ano do 12% nos soldos dos xogadores, unha auténtica burrada, e máis coas cifras que se manexan.

Algún puide pensar: "si xa, iso non vai pasar nin en broma", pero xa houbo un precedente, no ano 98 houbo acordo, pero tarde, tanto é así que a tempada regular foi de 56 partidos en lugar de 82.

Por sorte o lockout solucionouse hai duas semanas e por fin habera NBA despois de navidad.

Sem comentários:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.