Este libro foi escrito por Castelao e publicado en 1934 pola editorial Nós. O que lin eu atopase no libro Obra completa de Castelao publicada en 1981 pola editorial Akal editores.
Resumo:
Os dous de sempre trata sobre dous nenos Pedriño e Rañolas. Son amigos dende pequenos malia a ter unha procedencia totalmente diferente: Pedriño proven dunha familia acomodada mentres que Rañolas proven dunha familia moi pobre. Pedro vive coa sua tia que non lle gusta que o seu sobriño ande co Rañolas xa que non é unha boa compaña. O longo da historia os dous iranse distanciando pero mentres Rañolas esforzase moito para cambiar a sua vida e vivir mellor aunque lle coste moito Pedro que sempre foi un folgazan non fai nada e vive do diñeiro que ten a sua familia. O final podese apreciar como o que aparentemente tiña a mellor vida dos dous era o menos feliz.
Opinión Persoal:
Este libro gustoume moito ainda que é bastante antigo, e moi entretido e facil de ler. Ten momentos de humor bastante graciosos. Nesta historia podese ver como o que máis ten non é sempre o máis feliz.
Sem comentários:
Enviar um comentário
Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.