2012/01/26

Antón Alonso Ríos

    Antón Alonso, ou tamén coñecido como o Siñor Afranio, foi unha das grandes figuras do exilio galego.

    El cursou maxisterio na universidade de Santiago. En 1908 chegaría a Bos Aires e exercería de maestro en Mendoza. É moi coñecido porque foi un dos fundadores das Sociedades Galegas tanto Agrarias como Culturais. Tan pronto se proclamou a II República, foi enviado a España para ser maestro en Tomiño, ademais de ser proclamado diputado pola Federación Agraria, cando se iniciou o alzamento dispuxose a resistir, internándose nos montes e adoptando o nome de Afranio de Amaral, para así non ser cazado facéndose pasar por un portugués. Tras estar en Portugal no ano 1938, embarcaría para Arxentina un ano máis tarde, donde exercerá de comisionista de comercio e se interesaría pola resistencia ó franquismo.

   Elexín facer o traballo sobre Antón xa que a súa historia me parecía moi interesante, e espero que a vós tamén vos guste. Se queredes saber algo máis sobre el podedes velo aquí.

2 comentários:

  1. Anónimo28.1.12

    Moi ben redatado e selecionada a información. A verdade é que ten unha vida interesante, sorprendoume que tivera que cambiar de nome.

    Isa :)

    ResponderEliminar
  2. Anónimo11.4.12

    Este comentário foi removido pelo autor.

    ResponderEliminar

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.