2012/02/12
Comeza o entroido!
Onte comezouse a celebrar o carnaval có Concurso de comparsas na modalidade de letra e música. Neste concurso, as comparsas crean a letra dunha canción e logo a cantan. Nas letras falase de todo o actual e sempre con humor, este ano destacou como tema Urdangarín. Participaron 11 grupos, entre eles, a comparsa na que eu formo parte, Pantaleón, na que íamos todos de mosqueteros.
Levabamos xa ensaiando un mes. Tiñamos os nervios a flor de piel e empezábamos a ter problemas coa primeira canción nos ensaios unhas horas antes. Pero nós podíamos. Saimos sextos, preparados todos para sair en parellas e facer a nosa entrada triunfal, todos pisando forte o chan para que se notase que aquí viña a comparsa Pantaleón...e alí fomos. Un,dos, un, dos... Colocamosnos en filas coas espadas en alto, e por parellas a xente pasando, cunha caida nas escaleras, pero o parecer niguen o viu, buff, tivemos sorte.
Colocamonos e comezamos:
“Eran uno, dos y tres, los famosos consejeros, el pequeño José Luis siempre va con ellos...”,
Sainos moi ben. Logo de ver o resto dos grupos, tocabanos esperar, o xurado tivo que deliberar quen serían os gañadores. Mentres tanto puidemos calmar os nervios coa actuación de Pepe Suevos.
Xa tiñan decidido, e comezan polo tercer premio de 800 euros que resulta ser para....PANTALEÓN! Siii, para nós, conseguimos o tercer premio. Logo o segundo foi para Monte Alto a 100 e o primero para Os Maracos.
Sen duda unha boa forma de comezar o carnaval!
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)

Parabéns a Pantaleón
ResponderEliminare a entradiña tamén
- atopa algunhas cantadas^ que ten polo medio. A ver se as atopas.
Podería ser un bo traballo posterior, unha entrada sobre Pantaleón, pasado-presente- futuro
ResponderEliminar- como se che encargasen ese texto para un folleto que queren editar....
sen presa
podería ser unha boa entradiña para XIADA
- pensa no auditorio-