Mostrar mensagens com a etiqueta CARNAVAL. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta CARNAVAL. Mostrar todas as mensagens

2012/02/18

O Entroido

Estes días todos estamos de festa, disfrazándonos, saíndo á rúa, celebrando o entroido; pero, qué celebramos en realidade?
Esta festa vénse facendo dende tempos inmemoriais, nela despedimonos dos longos e duros días do inverno e celebramos a chegada da primaveira. Sendo a época na que se poden romper tódalas normas, cambiar de personalidade ou ironizar sobre as institucións máis asentadas. É a festa máis irreverente do calendario galego; foi por iso polo que se prohibiu durante á época franquista.
Os disfraces son moi variados, simbolizan o mundo ao revés, por iso moitos homes se visten de mulleres e as melleres de homes; ás veces os que tiñan disfrace vestían a roupa do revés.

É típico de Galicia o disfraz de peliqueiro, composto por unha camisola branca, gravata e unha chaquetiña curta da que colgan flocos dourados que van atados con lazos de tres cores. Unha faixa vermella envolta á cintura suxeita o pantalón; as pernas van cubertas por medias brancas e ligas. Van pola rúa cun mallo na man facendo ruído e correndo de aquí para alá.
As festas máis destacadas en Galicia son as de Laza ou Verín, en Ourense, donde manteñen todas estas tradicións.

Pero ademais de disfrazarnos, unha das filosofías do entroido son comer e beber ata explotar; comidas como as filloas, as orellas ou o caldo son ideais para estas datas.


2012/02/12

Comeza o entroido!


     Onte comezouse a celebrar o carnaval có Concurso de comparsas na modalidade de letra e música. Neste concurso, as comparsas crean a letra dunha canción e logo a cantan. Nas letras falase de todo o actual e sempre con humor, este ano destacou como tema Urdangarín. Participaron 11 grupos, entre eles, a comparsa na que eu formo parte, Pantaleón, na que íamos todos de mosqueteros.


     Levabamos xa ensaiando un mes. Tiñamos os nervios a flor de piel e empezábamos a ter problemas coa primeira canción nos ensaios unhas horas antes. Pero nós podíamos. Saimos sextos, preparados todos para sair en parellas e facer a nosa entrada triunfal, todos pisando forte o chan para que se notase que aquí viña a comparsa Pantaleón...e alí fomos. Un,dos, un, dos... Colocamosnos en filas coas espadas en alto, e por parellas a xente pasando, cunha caida nas escaleras, pero o parecer niguen o viu, buff, tivemos sorte.


     Colocamonos e comezamos:


“Eran uno, dos y tres, los famosos consejeros, el pequeño José Luis siempre va con ellos...”,

     Sainos moi ben. Logo de ver o resto dos grupos, tocabanos esperar, o xurado tivo que deliberar quen serían os gañadores. Mentres tanto puidemos calmar os nervios coa actuación de Pepe Suevos.


     Xa tiñan decidido, e comezan polo tercer premio de 800 euros que resulta ser para....PANTALEÓN! Siii, para nós, conseguimos o tercer premio. Logo o segundo foi para Monte Alto a 100 e o primero para Os Maracos.


     Sen duda unha boa forma de comezar o carnaval!