Esta festa vénse facendo dende tempos inmemoriais, nela despedimonos dos longos e duros días do inverno e celebramos a chegada da primaveira. Sendo a época na que se poden romper tódalas normas, cambiar de personalidade ou ironizar sobre as institucións máis asentadas. É a festa máis irreverente do calendario galego; foi por iso polo que se prohibiu durante á época franquista.
Os disfraces son moi variados, simbolizan o mundo ao revés, por iso moitos homes se visten de mulleres e as melleres de homes; ás veces os que tiñan disfrace vestían a roupa do revés.
As festas máis destacadas en Galicia son as de Laza ou Verín, en Ourense, donde manteñen todas estas tradicións.
Pero ademais de disfrazarnos, unha das filosofías do entroido son comer e beber ata explotar; comidas como as filloas, as orellas ou o caldo son ideais para estas datas.
Sem comentários:
Enviar um comentário
Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.