Daniel Varela Buxán e considerado unha das grandes figuras do exilio galego.
Naceu en Lamas no ano 1909 onde traballou de zoqueiro e músico. No ano 1930 viuse na obriga de embarcar cara Arxentina, unha vez que chega a capital ponse a traballar en diversas profesións como por exemplo: vendedor de libros, garda de tranvía e corrector de probas nunha editora. Formou parte do coro "Lembranzas da Terra" a partir do cal fundaría "Aires da Terra"con Fernando Iglesias e a actriz Maruxa Villanueva, coa que casa anos máis tarde. En 1938, estrearon o primeiro texto dramático: "Se o sei... non volvo a casa". No ano 1942, Castelao asistiu a representación da obra de Varela Buxán "Pola Nosa Culpa" e Castelao maravillado polo éxito que tivo a obra confíalle a súa obra "Os vellos non deben enamorarse".
No ano 1950, Daniel Varela Buxán volveu a Galicia e púsoxe a estudar o Bacharelato Elemental en Ourense e a Carreira de Técnico Sanitario en Santiago de Compostela, profesión que exerceu o resto da súa vida e que compaxinou coa representación e publicación das súas obras teatrais, as cales non gozarán de edicións escritas ata a década de 1970. Finalmente despois de ser considerado como o "Patriarca do Teatro Galego", falece en Lalín o 25 de setembro de 1986.
A túa primeira entrada!!! está ben, pero quizáis deberías compaxinalo un pouco máis coa guerra e a ditadura que é o que estamos dando.
ResponderEliminarJessica
Parabéns Serxio agora só necesitas integrarte máis no blog e ler algun que outro libro. Seguir facendo máis entradas que todos sabemos que podes conseguilo.
ResponderEliminarÁNIMO SERXIO!!!
Adrián