O autor deste libro é Hector Carré, director de cine nado na Coruña en 1960.
A protagonista desta historia chamáse Carmucha, unha rapaza de dezasete anos que depois de coñecer as inxustizas que se cometían na mina de volframio e sendo consciente da situación das mulleres nese entorno, decide poñerse a disposición das persoas que máis o necesitan.
Esta historia describe o sexo, a prostitución, o acoso sexual e a homosexualidade naqueles primeiros anos da posguerra, tempos nos que todo o mundo estaba alterado polo do diñeiro fácil, o imperio do mineral e os negocios da dictadura franquista co nazismo alemán.
Carmucha decide traballar na mina do volframio onde coñece a Félix, que a poñerá ao día sobre o traballo na mina e de todos os acontecementos que estan a suceder, e que co paso do tempo, se convertirá no seu mellor amigo e, por así dicilo, no seu gardacostas. O que Carmucha non sabía era que neste negocio lle podían suceder tanto aventuras boas como malas, as que terá que enfrentarse.
O que me gusta deste libro é que mostra a realidade de tal como era a sociedade nalgunhas vilas galegas nos tempos da febre do
volframio. Aínda que vos pareza un libro aburrido, non o é. Só tedes que poñeros na situación da xente da nosa mesma idade que neses anos que estaban atacados por estas circunstacias.
Sem comentários:
Enviar um comentário
Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.