2012/02/20

MITOLOXÍA GALEGA

 OS MOUROS
 Os mouros, eran criaturas semihumanas (seres con apariencia humana, pero distinta dos campesiños) que vivían no subsolo en guaridas e túneles baixo a terra, onde,  dependendo da zona, se dedicaban a extracción do ouro. Os homes eran escuros, o seu aspecto non daba ningún indicio de que foran de terras galegas e algúns deles, eran deformes, sen embargo, as mulleres, eran fermosas feiticeiras  de tez branca, aínda que nalgúns relatos populares asociánse coa aparencia de vellas bruxas e meigas. Traficaban cos campesiños, comprándolles con grandes cantidades de diñeiro animales e mercadurías e, se os campesiños non mantiñan o intercambio en secreto, eran castigados con ceguera e, a desaparición das suas riquezas. Tiñan maravillosos poderes máxicos y una descomunal forza que lles permitia desprazar montañas de un lado a outro sen ningún esforzo, ademais, cambiaban a forma de persoas e animales ao seu antoxo. A xente apoiabase nos mouros para explicar a orixe dos castros, as mámoas e otras estructuras de orixen antiguo e descoñecido para os campesiños. Tamén poseían fama de guardians de fabulosos tesouros, que constituyen a orixe da riqueza de varias familias.

 BREOGÁN
Conta a historia, que Breogán era un poderoso rey  celta que gobernaba en Brigantia(Algúns historiadores pensan que é Betanzos, outros, A Coruña) , na costa de Brigantia o rey mandou contruir unha torre ou faro que levara o seu nome. Un dia o seu fillo Mil, subiu ao alto de torre e logrou ver unha terra ao lonxe(Irlanda), el decidiu, organizar un expedición para conquistar esa terra. Foi así como a cultura celta de Galicia chegou a Irlanda.
OS TRASNOS
 Os trasnos, son seres ou espíritus domésticos sen forma determinada, que incluso poden adoptar a dun animal. Colaboran nas labores do hogar sin que isto impida que se burlen da xente que habita na casa, escondendo cousas, producindo pesadelos e calquer  tipo de travesuras semellantes.
De acordo coa lenda, existe un truco para librarse do trasno. Consiste en deixarlle nun prato ou, ciscado no chan, unha gran cantidade de lentellas, fabas, graos de millo ou cousa semellante. Como o trasno non sabe contar máis de cen, cando chega a cen ten que empezar a contar outra vez, e así se lle mantén ocupado sen que siga facendo das súas.

1 comentário:

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.