2012/03/30

Calella sen saída

A inmigración; sabemos realmente o significado deste termo? Ou o primeiro que nos ven á cabeza é un barco cheo de negros que veñen enriquecerse á nosa conta? Na maioría dos casos, non nos decatamos de que os enriquecidos somos nós; nós, os que temos a posibilidade de atopar un posto de traballo digno sen que nos exploten coma bestas; nós, os que podemos acceder á educación sen moitas dificultades; nós, que non temos que partilo lombo por unha vida decente, pola comida do día a día; que non temos que deixar ás nosas familias e marchar na procura dun futuro incerto noutro continente, noutro mundo, no descoñecido.

África, terra de ditaduras e fame, obriga a centenares de persoas a buscar unha vida mellor, a refuxiarse en Occidente. Mais, a sorpresa destes viaxeiros chega cando se atopan nunha situación de discriminación, miseria e soedade, como lle pasou ao protagonista da nosa historia. Víctor Omgbá aferrase as súas propias vivenzas para transmitirnos, a través de Antoine, a súa personaxe, a dureza da inmigración.

Antoine chegou a España coa única ilusión de acabar a súa carreira e prósperar, para poder axudar na economía da súa familia, en total eran dez irmáns. Ao chegar, recorreu á súa bolsa de estudos, que fora aprobada, pero o efectivo xamais apareceu; entón decidiu buscar traballo para poder pagar él mesmo os estudos, mais ninguén tiña nada para él e, cando estaba quedando sen cartos non viu outra solución que a venda ambulante, aínda que fora unha opción que estivera evitando. Finalmente, a policía descubriu que non tiña papeis e devolverono ao seu país.

2 comentários:

  1. Anónimo11.4.12

    A min este libro paréceme exacto para describir o que agora pasa cós inmigrantes en España, eu tamén o lin e creo que e bastante doado de ler.

    Sergio S.

    ResponderEliminar
  2. Anónimo11.4.12

    Pareceme un libro moi bo polo seu tema. Ademais, penso que a entrada está ben organizada e feita.


    Sergio P

    ResponderEliminar

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.