2012/03/19

E ti que opinas?

A nosa dependencia enerxética do exterior sempre foi un problema económico e estratéxico para España. Con todo, as cousas poderían cambiar substancialmente coa posta en marcha dun proxecto que leva parado desde 2004.
Fálovos dun xacemento de hidrocarburos, situado en augas canarias, que desde este venres Respsol YPF ten a posibilidade de explorar. As prospeccións deberían comezar axiña, e deberían servir para concretar o potencial da zona. Ademais a compañía ten que determinar aínda a viabilidade técnica e económica do xacemento, e unha vez realizados estes traballos, deberá esperar a contar cunha nova licenza para a explotación da zona, cousa que o Goberno apoiou expresamente.De feito, en palabras de Xosé Manuel Soria, titular do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo: ''O Goberno non vai mirar a outro lado cando se detecten oportunidades de diminuír a dependencia enerxética''.
E non é para menos, xa que o tamaño estimado de xacemento fai que a plataforma mediterránea de Casabranca, que nos anos oitenta chegou a producir 40.000 barrís diarios, pareza unha minucia tendo en conta que se se explota este xacemento podería chegar a producir 100.000 barrís diarios. E non acaba aquí a cousa por que ademais de producir riqueza económica e enerxética tamén se producirían 5000 empregos,cousa que non viría mal.
Pero como en todo hay xente que non esta dacordo como e o caso do Presidente do Goberno de Canarias, Paulino Rivero, que sa mostrou a súa postura ''anti-petroleo'' así como tamén o fixeron ecoloxistas e diversas personalidades, pero... nun momento como o que estamos a pasar en España podemos escoller se isto é bo ou malo? Eu penso que non, un xacemento destas dimensións traería moitos cartos e postos de traballo, e iso é o que fai falta en España.
E ti que dis? es ''Pro-petroleo'' ou ''Anti-petroleo''?

Sem comentários:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.