2012/03/19

A RUPTURA CO TRADICIONAL



Dende os comezos, o ser humano tratou nas súas pinturas asemellarse o máis posible á realidade, dende as pinturas rupestres da cova de Altamira, pasando pola Gioconda, ata as esculturas góticas que adornan moitas das catedrais do noso país. Pero... cando se comezou a buscar outras maneiras de representar a realidade? Quen foi o primeiro en facelo? Pois todo isto comeza a principios do século XX.

Todo comezou en Francia, cando certos artistas empezaron a pasar da perspectiva para representar as cousas desde varios puntos de vista, xuntando os planos horizontal e vertical, ou o plano de fronte co de perfil, empezábase a representar o Cubismo. Como dicía Picasso: "Eu pinto os obxectos como penso que son, non como os vexo" esa maneira de pensar revolucionou o mundo, a xente empezou debuxar, esculpir, escribir, para que os espectadores puidesen reconstruíla obra e darlle diferentes interpretacións e non só se quedasen contemplándoa sen mais.


A partir de este punto na historia comezaron a aparecer distintas Vangardas, Surrealismo, Dadaísmo, Futurismo, Existencialismo... pero todos posuían en común construír unha nova maneira de arte, e expresarse de maneira máis libre.

1 comentário:

  1. quen non ten plural
    obxectos
    vexo
    a tratado!!!!!
    revisa os signos de puntuación

    ResponderEliminar

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.