![]() |
Escultura de Antonio Canova (1787 - 1800) |
Unha das historias máis belas da mitoloxía grega é a de Eros e Psique. Psique era a menor das irmás, fillas dun rei. Era tan fermosa que os habitantes a veneraban a ela en vez de a Afrodita, a deusa da beleza e o amor. Pero aínda toda esta beleza era a única das tres irmás que aínda non casara. Afrodita, celosa, enviou o seu fillo a xunto a Psique e ordenoulle que a unira co ser máis monstruoso e maligno que encontrara. Cando Eros foi a xunto de Psique quedou anonadado coa súa beleza e feriuse cunha das súas propias frechas.
Aínda a súa aparencía dócil era un deus poderoso e a súa nai, Afrodita tiñalle certo respeito e temor.
Sem comentários:
Enviar um comentário
Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.