2012/03/26

Física e Química: Radiactividade.

Nesta entrada quero falar sobre algo que me gusta, a parte de ser algo importante para a sociedade. Un fenómeno físico natural, polo cal algúns corpos emiten radiacións que lles permiten facer ecografías, ionizar gases e ter fluorescencia.
Esas radiacións poden ser electromagnéticas en forma de raios X ou raios gamma e tamén en forma de partículas, como os núcleos de Helio.
A radiactividade é unha propiedade dos Isótopos que presentan inestabilidade.
Para volver ao seu estado, deben perder enerxía.
Isto ocorre ó variar a enerxía do átomo por variación do estado dos seus electróns, os seus nucleóns ou variando o isótopo, e en varios pasos pasos continuos, co que un isótopo de moita masa pode acabar transformándose nun con menos peso e con menos número atómico, como o Uranio que co transcurso dos tempos acabou converténdose en Chumbo, ou noutro pouco máis lixeiro pero que ten máis átomos.
A radiactividade, ten moitos usos, como para a medicina ou para usos industriais.
Unhas das persoas máis importantes no mundo da radiactividade, foi o matrimonio Curie, que chegou á conclusión de que era un fenómeno atómico.

Tipos de Radiactividade:

· Radiactividade Natural- En 1896 Becquerel descubriu que algunhas sais de uranio emitían radiacións espontaneamente, ó observar que velaban as placas fotográficas envolvidas en papel negro. Fixo probas co mineral en varias temperaturas e estados, disolto en ácidos e a intensidade sempre era a mesma. Esta nova propiedade da materia, recibiu o nome de radiactividade e non dependía da forma física ou química na que se atopaban os átomos do corpo radiactivo.

· Radiactividade Artificial- prodúcese ao bombardear os núcleos estables con partículas adecuadas.
Se teñen o valor adecuado, chegan ao núcleo e o bombardean creando un novo, se chega a ser inestable, desintégrase de forma radiactiva.
As persoas que o comprobaron, bombardearon núcleos de boro e aluminio, con partículas alfa.

Con esto, seguro que xa vos gusta a Física.
Se queredes saber máis sobre a radiactividade: ¿Qué es la radiactividad?

1 comentário:

  1. É o momento dunha entradiña coa biografía dos Curie.
    Sería estupendo que intentases adaptar o rexistro de lingua que utilizas e contarnos de maneira DIVULGATIVA.
    Por que non indagas na revista on line MUY INTERESANTE e nos achegas a ciencia de maneira máis entretida.

    ResponderEliminar

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.