Antía ten 15 anos. A súa nai e destinada a traballar no verán no aeródromo de Rozas, o cal non lle fai moita ilusión. Pero alí coñece a un rapaz albanés, Enver, que traballa de mecánico. Comezan a verse todas as noites a agochadas e Antía namorase del. El contalle todos os misterios do espazo e confésalle que é extraterrestre. Ela ao principio pensa que a está vacilando, pero o amor fai que o crea. Logo está Nito, o rapaz co que se vía antes do verán e que traballaba de repartidor no pizzamovil. A súa nai non aceptaba a Nito, e a Antía atraíalle máis o xeito de velo sen que a nai se enterase que o propio Nito.

No aeródromo, unha estraña avioneta vermella provocaba incendios nos bosques próximos a Rozas, e o piloto coñecíase como o Piloto Vermello. Ninquén coñecía a identidade deste piloto, e era temido por toda a localidade. Romar, o xefe de Enver, perseguiuno, deuse cun tendido electrico e sufriu un accidente moi grave.
Antía non ve ao seu pai dende hai 11 anos. Ela pensa que está tan ocupado atravesando o Atlántico no seu avión e que non ten tempo para vela. Pensa que é un heroe. Un día, Enver lévaa a Ribadeo, e alí encontrase co seu pai. A partir deste intre, Antía empeza a descubrir a verdade sobre seu pai, sobre Enver e sobre o Piloto Vermello.
¿Quen será o Piloto Vermello? ¿Será Enver un extraterreste? ¿Quedaráse con Nito, con Enver, ou con ningún? ¿Que pasará con Romar? Estas e moitas respostas só se poden responder dunha maneira: Lendo o libro! Animádevos, que está moi ben!
Opinión persoal: O libro está moi ben estructurado, xa que non conta todo de golpe, crea intriga. Tamén me gustou porque conta moitas cousas sobre o espazo, e a min encántame. Trata sobre unha rapaza da nosa idade e algúns dos problemas dela poden ser os de calqueira. A min gustoume moito, tedes que lelo.
Serías capaz de ensaiar outro ton - rexistro- , máis breve e un pouco máis desenfadado.
ResponderEliminarNon borres esta entradiña: fai outra, noutro plan...