Nas primeiras décadas do século XX xorden en Europa movementos que pretenden unha renovacion total da arte. Ditos movementos difúndense a través de diversos manifestos nos que propoñen unha ruptura coa tradición cultural, buscando asi novos camiños expresivos.Un destes movementos foi o surrealismo: Este movemento nace en Francia no ano 1924 cando André Breton, tras desmarcarse do movemento Dadaista, no que participaba intensamente, xa que o consideraba previsible e mecánico. Para realizar o manifesto surrealista inspirouse no traballo de Sigmund Freud a que estudou durante a guerra nun hospital psiquiatrico onde traballaba.
O surrealismo xordeu como unha resposta dialéctica á destrucción estéril dos dadaistas. Neste movemento salienta un compoñente irracional do proceso de creación e ,como dixen antes, teñen unha presenza importante as ideas de psicoanalise de Freud como o mundo onírico e o subconsciente.
No plano literario supuxo unha renovación da linguaxe e achéganos ás novas técnicas de composición : a escritura auntomática na que o autor escribe o que pensa sin ter en conta ningunha coacción moral co propósito de vencer a censura mediante actos non provocados ou planeados e demostrando que o poeta exprésase libremente.
Este novemento tamén apareceu no mundo da pintura cara a 1923 por medio de Masson que adoptou as ideas revolucionarias de Breton facendo a pintura de modo automático. Puco tempo despois tamen adoptou estas ideas Miro ó que Bretón considerou o mais surrealista de todos.Todas estas ideas foron impulsadas pola revista Litterature que funda Andre Bretón xunto a Louis Aragon e Philippe Soupault.
non investigas na rede se sempre enlazas á wiquipedia.
ResponderEliminarxa de enlazar, busca un par de fraseciñas que, nunha aclaración, podas incluír no teu texto, para convertilo nun rexistro divulgativo
e no que ti aprendas ... de paso.