O autor deste libro é Santiago Jaureguízar, nado en Bilbao, pero criado en Ribadeo, o que fai del un verdadeiro escritor galego. Escribe distintas novelas con gran éxito, unha delas, "O contador de estrelas" feita especialmente para adolescentes, o que o diferencia das outras.
Nesta obra pódese apreciar o aumento da madurez da protagonista que se vai trensmitindo segundo se pasen as follas. Antía pasa o verán no aeródromo de Rozas, onde traballa a sua nai, alí namórase de Enver, un albanés que afirma ser un extraterrestre. Xuntos experimentan os atentados do Piloto Vermello, con identidade anónima ata o desenlace do relato, ao mesmo tempo Antía reencóntrase co seu pai despois de 11 anos. Pasa por diferentes situacións que a forzan a mirar a vida doutro xeito, tanto por parte duns coma doutros.
Na miña opinión paréceme un libro moi entretido que se le fácil e rápido, mezcla varios xéneros, polo que pode gustar a todo tipo de lectores, dende os máis románticos ata os máis aventureiros. É unha novela cargada de intriga que paga a pena ler.
Penso que creas interese por lelo, sen dar demasiada información da historia, e que basicamente fas unha boa recomendación.
ResponderEliminarJoana, 4ºB
Gustame a idea que tiveches sendo orixinal có enlace do autor.Boa entrada :)
ResponderEliminarIsa
Xa te dixen que estaba ben. Gustouche o final?
ResponderEliminarIvan
Sí, a verdade é que ten un final co que non contaba, supoño que non sería a única que se sorprendeu.
ResponderEliminarRosalía