2012/04/09

O contador de estrelas

Como calquer rapaz de 15 anos, Antía quere pasar o verán cos seus amigos e amigas, e, por suposto, co seu mozo Nito. Aínda que este verán semella ser moi aburrido para Antía, xa que o vai pasar no aeródromo de Rozas, acabará sendo moi importante na súa vida e xamáis o esquecerá.

Isto será, en parte, grazas a Enver, un mecánico albanés do cal Antía namórase perdidamente. Aínda que di cousas moi raras e de vez en cando minte, Antía o seguiría ao fin do mundo se fose necesario.

Por se isto fora pouco, Antía reencóntrase co seu pai, o que non vira durante 11 anos. Descóbrelle verdades que ela descoñecía que fanlle cambiar de opinión sobre a vida.

E se todo iso non vos chega para lelo, tamén hai un toque de intriga, xa que o misterioso Piloto Vermello, queima os bosques dos arredores e sembra o pánico entre os veciños. Se queredes saber quen é eu non vou dicilo, así que xa sabedes: a ler!

3 comentários:

  1. Anónimo11.4.12

    O resumo do libro está moi ben feito, pero eu poríalle unha foto ou un par de links.


    Julio Delgado Domínguez
    Christian Oanes Vázquez

    ResponderEliminar
  2. Anónimo11.4.12

    Gústame esta entrada,fas un bo resumo do libro.
    Alba :)

    ResponderEliminar
  3. Anónimo11.4.12

    O da foto xa estaba posta, pero non se veia.
    Xa a cambiei.

    Ivan

    ResponderEliminar

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.