Ricardo Carvalho Calero, (Ferrol, 20 de outubro de 1910-Santiago de Compostela, 25 de marzo de 1990), foi filólogo, escritor e o primeiro catedrático de Lingua e Literatura Galegas ao que consideran como o gran pensador do reintegracionismo.
Cursou os seus primeiros estudos no Colexio Comellas, logo fixo por libre o bacharelato e trasladouse a Compostela en 1926 para estudar Dereito e Filosofía e Letras e cumprir co servizo militar, onde entrou en contacto co galeguismo e cos movementos culturais, especialmente co Seminario de Estudos Galegos.

Tras o golpe militar de Madrid mantívose no bando constitucional, e unha vez rematado o conflito, foi condenado no cárcere de Xaén. En 1941 regresou á súa cidade con liberdade condicional e, como non podía exercer na función pública, refuxiouse no ensino privado no Colexio Fingoi de Lugo, restablecendo os contactos cos galeguistas que quedaran no país.
Ademais das súas extensas obras ensaísticas, tamén cultivou poesía, teatro e narrativa. Nestes anos tamén desenvolveu un importante traballo investigador, "Aportaciones a la literatura gallega contemporánea”, que levou a cabo a publicación en 1963 da "Historia da literatura galega contemporánea", e nove anos despois, no 1972, foi nomeado titular da cátedra de Lingüística e Literatura Galega.
En 1958 nombrárono membro da Real Academia Galega e, en 1990, faleceu en Compostela.
Eu quitaría a coma que hai antes de enviou e no último parágrafo antes de en 1990, polo demáis todo ben.
ResponderEliminarMónica
as palabras que están entre comas serven de aclaración, é o caso destas que ti lle dis, non creo que sexa necesario suprimilas.
ResponderEliminarRosalía
O texto está moi ben redactado, poderías aportar máis links, e facela máis entretida.
ResponderEliminarPolo demáis está todo ben.
Christian Oanes Vázquez
Penso que teñes links de wikipedia que resultan moi pesados.
ResponderEliminarEncontrei un, e poderias botarlle unha ollada
http://pidamos-o-imposible.blogspot.com.es/2011/02/en-realidade-sabemos-o-que-e-o.html#!/2011/02/en-realidade-sabemos-o-que-e-o.html
PD: Sinto ter que poñelo desta forma o link.
Darío M