Assassins Creed o xogo que che ensina historia
Assassins Creed traducido ao galego é credo de asasinos, este videoxogo creado e desenvolvido por Ubisoft Montreal conta as vidas dos assassins ao longo do tempo, dende as Cruzadas ata a actualidade rememorando o Renacemento e no mes de setembro deste ano sacaran a parte da Revolución Americana.
O primeiro Assassins Creed conta a historia de Altair quen acaba sendo o asasino mais grande de todos os tempos.
O xogo sitúase na época das Cruzadas entre Cristians e Árabes e apareceran cidades coma Damasco, Xerusalen e a bela cidade de Acre.
Altair terá que acabar coa sociedade templaria matando aos principais templarios e descubrindo a verdadeira conspiracion.
No segundo xogo (o mais longo por diferenza) encarnaremos a vida de Ezio Auditore na antiga cidade de Florencia. Ao principio so é un home corrente pero tras o asasinato do seu pai e os seus irmáns dáse conta da súa estirpe de asasinos e, aprendendo do seu tío, buscará vinganza contra os templarios que asasinaron os seus irmáns e o seu pai, entre eles o Papa.
No Irmandade (o mais curto, acabeino en 2 días ) seguimos encarnando a Ezio pero neste xa acabou gran parte da sua vinganza, só quedan vivos o Papa e o seu fillo e esta vez non escaparan...
No Assassins Creed Revelations encarnaremos a un Ezio pero cuns anos de máis (50-60) no que agora só busca a verdade de altair e que pasou despois de que acabara cos templarios da súa epoca.
Tamen controlaremos a Altair nalgúns niveis para descubrir o que pasou entre o Assassins Creed 1 e 2.
Estas historias sempre teñen lugar nun contexto histórico importante, por exemplo, o primeiro ten lugar na época das Cruzadas; o segundo, o Irmandade e o Revelations ambientanse no Renacemento,
mentres que o proximo assassins creed 3 ambientarase na Revolucion americana.
Por favor, crea unha nova etiqueta: videoxogos
ResponderEliminarveña! revisa o que escribes... é imprescindible!
`ponlle a etiqueta ás entradiñas desa temática
ResponderEliminar