2012/05/07

                       OLLOS DE AUGA


Nunha torre residencial xunto á praia, un raparigo saxofonista de ollos claros, Lois Reigosa, apareceu asesinado cunha crueldade que en principio apunta a Dimas, o seu doutor, como asasino. Sen embargo, esto no é así e a casa, limpa de pisadas, non mostra máis que partituras ordenadas nos estantes, saxofóns colgados nas paredes e o libro dun gran filósofo do século XX enriba da mesa de noite.

Leo Caldas, o solitario inspector de policía que compaxina o seu traballo na comisaría cun consultorio radiofónico, farase cargo dunha investigación que o levará a lugares como tabernas e clubes de jazz. Rafael Estévez, un aragonés, é o seu novo axudante. Demasiado impetuoso para una Galicia irónica e ambigua, na que todo se insinúa pero nada realmente se di, e para o investigador Leo.

A verdade acaba saíndo á luz cando Caldas e Estévez encontran morto a Orestes, pinchadiscos dun pub de homosexuais, con fotos de Lois e Dimas. Os investigadores danse conta de que Orestes chantaxeabaos con estas fotos. Máis tarde, Leo descobre que a muller do doutor, qe se sentía traizoada polo seu marido, e o seu amante son os verdadeiros asasinos.



Sem comentários:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.