2012/05/13

Mecanoscrito da segunda orixe


Manuel de Pedrolo escribe esta novela pensando nos lectores mozos e contando una historia distinguida entre todas as demais.

¿Qué farías ti se un día ves a uns pratos voadores destruíndo o lugar no que vives e as persoas que coñeces? Pois diso trata o libro. Dous rapaces chamados Alba e Dídac quedan abraiados polo que lles aconteceu. Encontrábanse sós na faz da terra, sen as súas famlias, os seus amigos e os seus fogares: só eles. Pouco a pouco teñen que enfrontarse a toda clase de problemas por sí mesmos e facer daquel lugar un novo sitío onde continuar coas súas vidas e darse de conta de que non só hai amizade entre eles dous, senón algo máis ca iso.


Gustoume moito este libro xa que mostra a capacidade de supervivencia que temos as persoas e que pase o que pase, nunca debes rendírte, loita polo que máis queres aínda que che supoña un esforzo: ao final valerá a pena.

Sem comentários:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.