2012/05/13

O que é a vida

O libro foi escrito por M. Lourenzo González. O que é a vida narra, por unha parte, a vida de Teo Runner, que traballa como repartidor de pizzas, sendo mangoneado por un xefe insoportable e demasiado exigente, que o ten cun contrato ilegal. Apodado o Runner por ser o repartidor máis rápido, aproveita o tempo que lle sobra das súas saídas, para axudar e facer os recados dos seus amigos. Ao longo da historia vemos como Teo emula escenas de héroes do cine, ou ben salvando a unha chica duns moteiros en medio dun tiroteo, ou ben obrigando a uns ``gorrillas´´ a marchar un aparcamento. Ademais vemos como Teo fai un sitio na sua vida para o amor.

Por outra parte...
...están Santos e Palmeira, policias encargados de manter a orde na cidade. Santos, é un borrachuzo mullereiro, que dende que o deixou a súa muller a acosa, el, intenta tramar da forma mais intelixente o seu asasinato porque pensa que se non a pode ter, non a poderá ter ninguén. Por outra parte está Palmeira, o único amigo que ten Santos no corpo de policías. Pero Palmeira ten un segredo que podería acabar coa amistade entre os dous policias, e é que Palmeira vese a escondidas coa muller de Santos, ao longo da historia a muller de Santos presionará a Palmeira para que mate a Santos e así, eles poderán ter unha vida normal, sen ter que agocharse en hoteis. Así comeza unha historia de traizón e amor (Como nas telenovelas jajaja...).

Opinión Persoal

O libro gustoume, ainda que ao principio non me daba situado na historia, unha vez les as seis primeiras páxinas acaba gustando. Unha das cousas que máis me gustou, foi, como a escritora entrelaza a vida de Teo, coa de Santos e Palmeira e tamén, a historia dos policias e da muller dun deles, e un pouco lioso pero mola. O que é a vida esta bastante ben, por último  dicir que o recomendo.


2 comentários:

  1. fáltalle unha revisión
    "mullereiro"
    e mellorar - argumentar a opinión persoal
    refacer a parte final

    ResponderEliminar
  2. Anónimo20.6.12

    Este comentário foi removido pelo autor.

    ResponderEliminar

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.