2012/05/14

O diario vermello de Flanagan

O diario vermello de Flanagan non é un libro normal, nin moito menos. Con este libro apréndense moitas cousas sobre a sexualidade, sobre todo da masculina. É un libro moi útil para aqueles que teñan dúbidas sobre todo o referido á sexualidade, xa que explica todo dunha maneira moi clara e sinxela, e sempre moi ben contrastado.

Flanagan é un rapaz de 17 anos que vive en Barcelona. Vive nun barrio penoso e ten unha complicada relación con Nines, a súa moza, a cal ten moita pasta. Un día, na estación de metro, coñece a Carlota, unha rapaza guapisima, e fai todo o posible por seguir falando o mais posible con ela. Carlota cóntalle que vai escribir un diario sobre sexualidade, coas suas experiencias persoais, co que pensan os seus amigos, etc. Flanagan pensa que pode ser unha boa maneira de acercarse a ela e decide facer o mesmo. Nese diario recolle a súa relación con Carlota e as súas experiencias con ela, tamén a súa complicada relación con Nines e os consellos dun profesor que lles dera unha charla sobre sexualidade.

Opinión persoal: Eu penso que é un libro que todos os rapaces o deben de ler, xa que resolve moitas dubidas e alguen pode sentirse un pouco identificado cos problemas de Flanagan. Gustoume moito, e agora teño ganas de ler o de Carlota.

Sem comentários:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.