2012/05/14

Reportaxe de guerra.

Xa non recordo un espertar pola mañá sen ver o mundo en chamas. Xa non recordo un anoitecer sen ter que limpar os corpos da entrada. Xa non recordo un soñar sen soñar que cando parpadee alcánzame unha bala. Xa tan só penso no meu fusil de asalto, e na mirada do inimigo. Xa non recordo o cálido tacto da miña esposa cando chego do traballo. Xa non recordo o rir do meu fillo nin os seus ollos borrosos por culpa do choro. Xa non recordo o café, o seu doce aroma percorrendo os meus beizos. Xa tan só penso no meu fusil de asalto, e na mirada do inimigo. Xa non recordo aos paxaros que cantaban ao fío da miña fiestra. Xa non recordo aos meus veciños discutindo por culpa do mal. Un mal que xa non recordo, o mal xa non existe nas miñas palabras. Xa non recordo a tranquilidade que me brindaba as miñas catro paredes. Xa non recordo a brisa que percorre o cesped cando non esta cortado. Xa non recordo a cadeira na que me sentaba para comer na mesa. Xa tan só penso no meu fusil de asalto, e na mirada do inimigo. Xa non recordo a linguaxe do corazón da xente que me rodeaba. Xa non recordo o suspense de esperar lento, lento, lento ... Xa non recordo o prezo que se cobran as feridas, estou só. Xa tan só penso no meu fusil de asalto, e na mirada do inimigo. Xa non recordo aos paxaros que cantaban ao fío da miña fiestra. Xa non recordo o medo que lle tenia de pequeno ao fin. Un fin que xa non recordo, o fin é o dono deste terreo.



Sem comentários:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.