2012/06/13

Fobia social



¿Cántos de vos algunha vez na vosa vida experimentachedes esa sensación de medo ao ser xuzgados, avergoñados, humillados ou mesmo a facer o ridículo? Pois ben, eu tamén a experimentei alguna que outra vez e podo afirmar con seguridade que é horrible.
Para poñernos un pouco en situación, a fobia social é un transtorno psicolóxico do espectro dos transtornos de ansiedade caracterizado por un medo intenso en situacións sociais que causa unha considerable angustia e deterioro na capacidade de funcionamento en diferentes áreas da vida cotiá. O diagnóstico do transtorno de ansiedade social pode ser específico,nas que só se teme algunhas situacións particulares, ou xeneralizada.
Todos esos temores poden ser desencadeados por medio das acción dos demáis. O sentimento de medo é tan intenso, que neste tipo de situación a persoa ponse nerviosa tan só con pensar en iso e intenta esforzarse para controlar ou suprimir a ansiedade. Estas situacións fan que o que a padeza se sinta inseguro, incómodo, con sensacións intensas e desagradables acerca do que poden estar falando, pensando ou xuzgando del e que experimente certa ansiedade. Se ben o medo a interacción social pode ser recoñecido pola persoa como excesivo ou irracional, a súa superación pode ser bastante difícil. Os síntomas físicos que acompañan a menudo ao transtorno de ansiedade social inclúen rubor, sudoración profusa, temblores, palpitacións, náuseas, tartamudez, a menudo acompañada dun discurso acelerado. Poden producirse ataques de pánico producidos polo medo e o malestar.
Aínda non estou moi segura do por qué desta entrada. Quizáis, o motivo que me levou a facela é que algúns de vos vedes esta situación como absurda, patética e inmadura. Por iso, quería que os vosos coñecementos sobre isto non se quedaran limitados a eses tres adxetivos e que a partir de agora o vexades doutra forma totalmente distinta.

Sem comentários:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.