Seguro que moitos de vos escoitachedes algunha vez falar deste grupo de música.
Ben, pois para ter unha idea do que significaron Os Resentidos no panorama do pop e de rock galego hai que poñerse en antecedentes.
Antón Reixa era poeta e profesor de Instituto antes de encabezar este grupo de Vigo, polo tanto, o seu discurso, revestido de surrealismo, deulle un certo aire de intelectualidade do que carecía o rock feito en Galicia. Do experimentalismo do seu primeiro disco, os seus músicos-Alberto Torrado, Javier Soto e Xabier Debesa- foron avanzando cara sons máis bailables, que tanto tocaban a cumbia como a pandeirada galega. Todos eles foron congruentes no emprego do galego como lingua exclusiva para toda a súa producción, influíndo así nunha xeración que o entenderon como posible e normal. Despois da súa disolución, Antón Reixa formaría Nación Reixa co productor do último disco de Os Resentidos, Kaki Arkarazo de Negu Gorriak, antes de editar un disco en solitario.
En xullo deste ano a “banda sonora” da música galega dos anos 80 terá o seu musical grazas a Galicia Caníbal, um proiecto ideado por Antón Reixa que, coa participación de Estrela Galicia como patrocinadora oficial, comezará unha xira por teatros de diversas cidades de Galicia, para chegar en septembro ao Novo Teatro Alcalá de Madrid. E a ese estreno seguirá, a xira por Barcelona, Zaragoza, Bilbao ou Santander.
2012/06/13
Os Resentidos
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
Sem comentários:
Enviar um comentário
Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.