Mafalda
Xoaquín Salvador Lavado, máis coñecido como Quino; dende os 3 anos, quería ser debuxante, por iso estudou Belas Artes, aínda que non chegou a rematar a carreira, así que se decantou pola profesión de debuxante humorístico.
Nun principio, os seus debuxos non tiveron moito éxito, de vez en cando publicabanse algúns en revistas ou xornais, pero non tiveron máis repercusión.
A idea de Mafalda naceu no ano 1963 co motivo de facer un anuncio dunha marca de electrodomésticos; pero finalmente non se levou a cabo, así que o borrador feito por Quino quedou no fondo dun caixón ata o ano seguinte, cando lle pediron unha historieta que se publicou na revista Primeira Plana.
As cavilacións desta nena pícara tiveron moito éxito e ata foron traducidas a 26 linguas.
Co tempo, na vida de Mafalda foron aparencendo máis personaxes como:
- Felipe: Un neno cunha gran imaxinación, pasa máis tempo no seu mundo ca no real, ten un corazón de pan, pero é moi vao e reacio a facer as tarefas e ir a clase.
- Manoliño: Ao contrario que Felipe, se imaxina algo, son os cartos que vai gañar cando sexa maior, é un rapaz cos pés ben postos na terra.
- Susaniña é a parte humana que todos queremos negar, é racista, e ás veces ata machista, o seu soño na vida é ter un marido sen nai que a manteña mentres ela queda na casa vendo a s telenovelas.
- Mafalda, a nosa protagonista é unha rapaza moi curiosa, que sempre está facendo preguntas sobre o mundo que a todos nos impactan, xa que son temas que están tan involucrados na nosa sociedade que non nos damos conta do inxusto que é o planeta no que vivimos.
- Libertade é a amiga de Mafalda coa que máis fala de política, xa que os seus pais son socialistas e na súa casa é un tema bastante presente.
- Raquel é a nai de Mafalda, é un ama de casa que pasa os días aturando as preguntas da súa filla, e grazas a ela dáse conta de moitas circunstancias nas que vive que antes lle resultaban indiferentes.
- O pai de Mafalda non sabemos como se chama, pero si sabamos do grave problema que ten coas formigas, xa que é un amante das plantas de interior; ao pobre home costalle moito facerse a idea das actualizacións dos novos tempos, por iso a súa filla o fai cavilar fondamente en máis dunha ocasión.
- Guille é o irmanciño pequeno de Mafalda, él faille moitas preguntas á súa irmá, pero cunha inocencia que o caracteríza.
- E por último, Migueliño, tan inocente como é, pasa o tempo preguntándose por qué a xente complica ata as cousas máis sinxelas, non o entende.
No 1973, despois de 10 anos debuxando a Mafalda, a Quino costáballe traballo non repetirse, e vendo que aquilo non marchaba, decidiu deixar de debuxala; despediuse en varias tiras que se publicaron ao longo do mes de maio daquel ano.
Así e todo, a pequena seguiu a ter moita popularidade e continúanse vendendo os seus dez libros; ademáis, fixeronse películas e series que aínda perduran nas vidas dos fanáticos de Mafalda, que tamén a poden seguir no facebook.
Sem comentários:
Enviar um comentário
Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.