2012/06/11

Unha muller con intencións de comer o mundo!

Xa hai un par de días, unha antiga nena do IES Elviña, feita xa toda unha muller, veunos visitar ao instituto, para darnos un espectáculo de moi boa calidade.
Cunha voz impresionante, e un acompañante de primeira, cantou algunhas das súas cancións. É incrible que as escribira ela mesma, mais coa potencia que ten, non me é de extrañar. Chámase Sés, e é unha muller aparentemente, polo menos, soñadora, que loita e que di as cousas como son e xa está!
Todas as cancións que cantou foron boísimas, moitas delas chamaron a atención do público do IES Elviña, mais mellor dito, todas o fixeron.
A min, especialmente creceume o oído coa canción que dedicaba ás nenas que queren chegar a unha perfección imposible; falaba da delgadez extrema e que todas as nenas foran como foran, son guapas tal e como son! Especialmente unha para min! Esa canción fíxome pensar que ás veces dicimos cousas con intención de facer dano e non pensamos nas consecuencias.
Deberíamos reflexionar e pensar en que pode terminar un simple insulto. Coñezo a unha persoa que foi causa diso, e por ela e un millón máis, digo que a  vida está feita para respectar á xente que nos rodea, sexan ou non sexan queridos por nós.
Espero que visitedes a páxina dela, porque ten moitas novidades.
O mellor, sin dudalo, foi cando falou dos resumes e esquemas que fixo e fai unha profesora en común. Pepa González!


Aquí tedes, por se queredes vela nun garito! : María Xosé Silvar.

Sem comentários:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.