Ata hai moi pouco tempo o traballo manual foi moi importante: zoqueiros, oleiros, cesteiros... Cando chega a industrialización todo cambia, as máquinas sustituen aos homes e os traballos manuais van desaparecendo pouco a pouco. Por exemplo, xa non se fan tantos carros, zocas, sombreiros... xa que agora só se utilizan para adornar. Nas aldeas había persoas que sabían facer case de todo e ensinábanlle aos máis novos para que non se perdera a tradición.
Pero sabedes a min o que máis me chamou a atención? A maneira en que se facían os xoguetes para os nenos. Pensaste algunha vez en vivir sen ordenador, televisión, móbiles... Pois como xa sabedes, no século XX a maior parte de Galicia vivía na pobreza rural e os pais tiñan que entreter aos seus fillos ata que valían para traballar. Tedes idea de que facían os xoguetes? Pos facíanos dos productos que recollían do campo, segundo a época do ano. Utilizaban os bugallos (carballo) como hoxe en día as canicas, ademais facían bonecas de lan, de mazarocas de millo...Na miña opinión a xente de antes ten moito mérito, xa que sacaban proveito de calquer cousa. Hoxe en día iso parece imposible.
2012/06/16
Oficios tradicionais
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
Sem comentários:
Enviar um comentário
Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.