2012/06/17

Acivro

É unha das árbores máis bonitas dos bosques galegos, encóntranse en zonas húmidas. Ten follas durante todo o ano (perenne) de cor verde oscuro, con bordes cheos de espiñas que utiliza como defensa contra os depredadores. Pero o máis característico deste arbusto son os seus froitos redondos que pasan da cor verde a vermella cando maduran, alimentando a un bo número de especies: aves, mamíferos...



Sabedes cal é o problema dos Iex aquifolium? Están ameazados xa que no Nadal cortáronse de forma masiva, tamén o ser humano os destruíu para facer terras de cultivo. Para protexelos está o Convenio Internacional para o Tráfico de Especies.

Na miña opinión, temos que axudar a que esta fermosa árbore non desapareza porque ademais de embellecer o bosque galego, serve de alimento a moitos animais cando as árbores do su arredor non teñen follas.

Sem comentários:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.