O DEPORTE GALEGO
Este ano foi moi positivo para a nosa comunidade autónoma xa que se lograron acadar moitos obxectivos. Un exemplo claro témolo no balonmán. O Octavio de Vigo conseguiu salvarse na penúltima xornada e clasificarse para a copa do rei. O equipo vigués considera a tempada como moi boa xa que xogadores importantes do equipo sufriron lesións que condicionaron moito ao conxunto vigués, tamén hai que comentar que a primeira división de balonmán ten moito nivel.
Por outra banda, está o baloncesto, o Obradoiro de Santiago tamén conseguiu salvarse na penúltima xornada tras gañar por 76-62 ao Valencia Basket. Polo tanto seguirá un ano máis na liga Endesa, é dicir, na primeira división do baloncesto español.
Pero eu penso que na disciplina do fútbol foi donde máis destacamos. Os dous mellores equipos galegos ascenderon á máxima categoría, á primeira división.
O Real Club Deportivo De La Coruña quedou campeón da segunda división, e polo tanto ascendeu directo. Compre destacar que conseguiu o record de puntos de esta liga, pero con poucos canteiráns nas súas filas. Eu penso que teñen que apostar máis pola canteira xa que Juan Domínguez e Alex Bergantiños, ambos os dous da canteira, son dous piares importantes do equipo da Coruña. Eso si, en canto á afición non hai queixa porque na miña opinión é a mellor de toda España.
Doutra banda, o Real Club Celta De Vigo tamén conseguiu o billete directo para ascender á primeira división española despois dunha gran loita durante todo o ano contra o Valladolid. Esto ten moito mérito porque na súa plantilla militan 9 xogadores da canteira, e todos moi importantes para o equipo. Ao contrario ca o Depor, a afición do celta é moi pobre xa que no estadio hai unha lona que cobre un montón de asentos, e aínda así Balaídos nunca se chea, por eso recibe motes tan graciosos como Lonaídos.
Por último, hai que mencionar ao Club Depotivo Lugo xa que pode lograr o ascenso á segunda división. O equipo lucense xogará a última fase contra o Cádiz. Será un partido moi bonito que enfrontará a dous xogadores que militaron no Real Club Depotivo De La Coruña B , Dioni e Diego Rivas. Todos esperamos que o porteiro do Lugo Diego Rivas gañe o do para que o equipo de Lugo consiga ascender.
2012/06/18
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
Sem comentários:
Enviar um comentário
Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.